Enxame é unha cooperativa galega especializada na socioloxía aplicada e na análise, deseño e execución de proxectos sociais. Traballamos en colaboración con Administracións e entidades para mellorar a planificación, a xestión e a posta en marcha de iniciativas de interese público.
Elaboración de diagnósticos, avaliación de políticas públicas e planificación estratéxica.
Obradoiros en emprendemento, mobilidade laboral, dinamización comunitaria e formación transversal (igualdade, medio ambiente, competencias sociais…).
Acompañamento á creación e consolidación de cooperativas e proxectos colectivos.
Estudos e informes que ofrecen datos útiles para a toma de decisións.
Servizo acreditado polo Rexistro oficial do Ministerio de Xustiza.
Feiras, xornadas e actividades divulgativas.
Aplicamos metodoloxías participativas e técnicas de investigación social, deseñando cada proxecto en diálogo coas partes implicadas para que o resultado sexa útil para a xestión institucional e relevante para a realidade social.
Ao longo destes anos desenvolvemos proxectos de consumo responsable, saúde mental, economía social, apoio ao emprendemento e programas de emprego, ademais da xestión de espazos colaborativos. Proxectos diversos cun obxectivo común: ofrecer solucións útiles a institucións e entidades para mellorar os servizos que chegan á cidadanía.
→ Un equipo cooperativo ao servizo das institucións e entidades, para impulsar proxectos útiles e con impacto social.
Últimos proxectos
698 132 923
Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)
info@enxame.gal