Free cookie consent management tool by TermsFeed

Concello da Coruña

A Casa dos Xoguetes

Na edición 2024/25 da Casa dos Xoguetes, impulsada polo Concello da Coruña a través da OMIC, recollemos e xestionamos máis de 8.000 xoguetes. Grazas a esta iniciativa, milleiros de pezas que xa non se usaban atoparon unha nova vida en mans doutras familias.

O espazo naceu co obxectivo de previr residuos e promover o consumo responsable, pero tamén se converteu nun lugar para transmitir valores de solidariedade ás nenas e nenos. A dinámica era sinxela: quen doaba xoguetes en bo estado recibía cupóns, que logo podía trocar por outros xoguetes expostos na tenda. Ademais, contabamos cun banco solidario de cupóns, grazas ao cal familias sen doazón previa tamén puideron levar xoguetes para as súas crianzas.

Durante todos os venres e sábados do período de apertura organizáronse obradoiros e actividades creativas para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Pintar, construír ou inventar xogos foron algunhas das propostas que fixeron da Casa un espazo cheo de movemento e alegría.

Hoxe a Casa dos Xoguetes é xa unha cita recoñecida no Nadal coruñés, esperada por moitas familias que saben que aquí non só se intercambian xoguetes, senón tamén experiencias e ilusión. En decembro de 2025 volveremos abrir as portas para seguir enchendo o Nadal de vida e de xogo compartido.

Algunha dúbida?

Contacta con nós

Chámanos

698 132 923

Visítanos

Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)

Envíanos un correo

info@enxame.gal