Free cookie consent management tool by TermsFeed

Concello da Coruña

Campaña “Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras – 15M”

O 15 de marzo celébrase en todo o mundo o Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras, recoñecido pola ONU desde 1983. Con motivo desta data, colaboramos coa OMIC do Concello da Coruña para organizar 30 obradoiros dirixidos a alumnado de último ciclo de Infantil e primeiro de Primaria, chegando a máis de 700 nenos e nenas de entre 4 e 8 anos.

As sesións deseñáronse á medida destas idades, con actividades curtas, participativas e cheas de exemplos próximos: a seguridade nos xoguetes, a importancia de ter información clara, como recoñecer a publicidade enganosa, o dereito a reclamar ou o valor dun consumo responsable.

Para facer a experiencia máis divertida, entregáronse packs con mochilas pintables, cores e antifaces de SuperCé, a mascota creada para o proxecto. As técnicas de Enxame, caracterizadas como superheroínas, guiaron as dinámicas e conseguiron que nenos e nenas participasen con entusiasmo, formulando preguntas e descubrindo que tamén eles teñen dereitos cando consomen.

Participaron varios centros educativos da cidade, involucrando a centos de escolares e ás súas familias, que levaron á casa mensaxes claras sobre consumo responsable.

Este proxecto converteuse nunha oportunidade para educar desde a infancia en valores de responsabilidade e cidadanía activa, un paso importante para que as futuras xeracións coñezan os seus dereitos e os poidan exercer con confianza.

→ Un proxecto para aprender xogando, sementando valores de consumo consciente desde pequenos.

Algunha dúbida?

Contacta con nós

Chámanos

698 132 923

Visítanos

Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)

Envíanos un correo

info@enxame.gal