Free cookie consent management tool by TermsFeed

Feafes Galicia

Diagnóstico participativo da atención á saúde mental en Galicia

Diagnóstico sobre a atención á saúde mental en Galicia

O estudo máis amplo realizado desde o movemento asociativo galego

En colaboración con FEAFES Galicia, desenvolvemos durante 2025 unha investigación de alcance autonómico sobre a situación da atención á saúde mental. Un total de 522 persoas participaron no estudo, que abarcou as catro provincias galegas e 12 entidades da rede federada.

O deseño metodolóxico combinou técnicas cualitativas e cuantitativas. Na primeira fase realizamos 26 entrevistas en profundidade a profesionais do sector (psicoloxía, traballo social, educación social, terapia ocupacional, dirección e coordinación de servizos) e 10 grupos focais con máis de 50 profesionais e familiares coidadores. Na segunda fase aplicamos un cuestionario ad hoc de 32 ítems a persoas usuarias dos servizos, obtendo 445 respostas válidas cunha marxe de erro de ±4,4% e un nivel de confianza do 95%.

Para garantir que a investigación recollese tamén a voz das persoas con menor autonomía funcional ou dificultades de acceso á tecnoloxía, deseñamos tres vías de recollida de datos: entrevista telefónica con mostraxe aleatoria (160 casos), cuestionario dixital autoadministrado (88 casos) e cuestionario presencial en papel con apoio técnico dispoñible (197 casos). Esta estratexia multimodal evita os sesgos de exclusión habituais nos estudos sobre poboación vulnerable.

A análise estatística realizouse mediante SPSS v.28, aplicando probas de contraste (Chi-cadrado, ANOVA) e análise de correlacións. Os datos cuantitativos foron triangulados coas narrativas cualitativas mediante análise de contido temático con codificación indutiva, o que permite non só cuantificar os fenómenos senón comprender os mecanismos que os explican.

Algunha dúbida?

Contacta con nós

Chámanos

698 132 923

Visítanos

Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)

Envíanos un correo

info@enxame.gal