Free cookie consent management tool by TermsFeed

Consultoría social e dinamización comunitaria

Queres traballar con nós?

En Enxame somos unha cooperativa galega dedicada á consultoría social, á dinamización comunitaria e á economía social. Traballamos en proxectos que melloran a vida colectiva e que responden ás necesidades reais de concellos, entidades e comunidades locais.

Se queres colaborar connosco, podes enviarnos o teu currículo e unha breve presentación cos teus intereses. Terémoste en conta para futuras oportunidades profesionais, prácticas ou colaboracións.

A información recibida será empregada unicamente para xestionar procesos de selección e colaboración. Non será cedida a terceiros e será eliminada transcorrido un prazo máximo dun ano, salvo que nos autorices expresamente a conservala máis tempo.

→ Unirte a Enxame é participar na construción de proxectos útiles para a sociedade galega.

Algunha dúbida?

Contacta con nós

Chámanos

698 132 923

Visítanos

Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)

Envíanos un correo

info@enxame.gal