Free cookie consent management tool by TermsFeed

Servizos

Do diagnóstico á acción

En Enxame ofrecemos acompañamento e apoio técnico a concellos, mancomunidades, asociacións e entidades sociais. O noso traballo combina o rigor profesional coa experiencia práctica en procesos comunitarios e proxectos de interese público.

Consultoría social

  • Deseño, seguimento e avaliación de proxectos sociais e comunitarios.
  • Análise de políticas públicas e estudos de impacto.
  • Elaboración de diagnósticos participativos.

Formación

  • Obradoiros e cursos en participación cidadá, economía social e dinamización comunitaria.
  • Accións adaptadas a centros educativos, programas de emprego e entidades sociais.
  • Formación a medida para administracións públicas e colectivos.

Emprendemento e economía social

  • Formación e asesoramento en cooperativas, sociedades laborais e outras fórmulas da economía social.
  • Apoio á posta en marcha de proxectos de autoemprego colectivo.
  • Mentorización en plans de empresa, subvencións e financiamento.

Dinamización comunitaria

  • Posta en marcha de procesos participativos e espazos de encontro.
  • Organización de actividades comunitarias, feiras e eventos sociais.
  • Apoio á creación e fortalecemento de redes locais.

Acompañamento institucional e organizativo

  • Asesoramento a administracións e entidades sociais na súa xestión interna.
  • Apoio na planificación estratéxica e na captación de recursos.
  • Formación de equipos de traballo e acompañamento en procesos de cambio.
  • Mediación acreditada: somos unha institución inscrita no Rexistro oficial do Ministerio de Xustiza, o que nos permite ofrecer servizos profesionais de mediación en conflitos organizativos, comunitarios e asociativos.

Investigación aplicada

  • Estudos e informes sociais con enfoque territorial.
  • Recollida e análise de datos cualitativos e cuantitativos.
  • Xeración de coñecemento útil para a toma de decisións públicas e comunitarias.

Algunha dúbida?

Contacta con nós

Chámanos

698 132 923

Visítanos

Lugar As Neves, 33, 15613 (A Capela)
Lugar A Tenencia, 9, 15623, Redes (Ares)

Envíanos un correo

info@enxame.gal